O 13 de Novembro, no Teatro de Ribadeo, ás 21 horas, concerto:
Coro da Cruz Vermella de Águeda (Portugal)
coa colaboración da Coral Polifónica de Ribadeo. Ámbalas dúas corais cantarán conxuntamente para rematar o concerto a habanera "Yo quiero ser marinero".
O 21 de Novembro:
- Misa na Igrexa Parroquial á 1 da tarde.
- Xantar, no Parador de Turismo de Ribadeo, durante o que se levará a cabo o nomeamento, como novo Membro de Honor da Coral, a Cándido Fdez. Ledo, en recoñecemento ó seu traballo desinteresado e agarimoso pola coral, que se viu reflectido en dúas actuacións que a Coral celebrou en Marbella e a onde se volverá desplazar no próximo verán.
No hay comentarios:
Publicar un comentario